miércoles, 27 de mayo de 2009

"Cousas" por 1ºESO C

Si. As nosas "cousas" . Estes son os nosos relatos ao estilo Castelao. As "cousas" deste escritor son relatos moi breves e concentrados; son contos cheos de sentimento, de crítica, de intesidade tráxica... Agora é o momento de imaxinarnos que somos uns/unhas Castelao en pleno século XXI. Puxémonos a escribir unha cousa. Aquí tes unha achega.
Agora é ao revés
Chamábase Kashka e a súa familia nunca auga da boa probara. Era o día, o día 17 e xa pasaran tres anos; tres anos recolectando cartos para conseguir un billete para un calluco que talvez podía romper. Xa montara, non había volta atrás pero sabía que o facía por unha vida mellor.
Alí non había ningún sorriso. Todo era medo; medo por algo que aínda non ocorrera. Na metade do camiño xa non quedaba comida e xa morreran tres; só quedaban trinta.
Chegamos por fin. Chegamos mais Kashka sabía que isto só era o principio, o principio de algo moi duro como enfrotarse ao racismo, a doce horas de traballo cobrando moi pouco. Pero sabe que sairá adiante; ela é forte. Nós sabemos moito disto, verdade? ADRIÁN 1º C

domingo, 24 de mayo de 2009

GANDHI

O noso alumno Manoel Víctor da Silva Morais, de 1º ESO C, acaba de revelar as súas potentes dotes artísticas no eido do debuxo e a caricatura. Aquí temos unha mostra, de Gandhi. Pero como a arte e a historia non están reñidas, deixamos aquí o texto extraído da Galipedia sobre este personaxe tan importante para a India e para o mundo:

Mohandas Karamchand Gandhi (guxarati મોહનદાસ કરમચંદ ગાંધી, devanagari मोहनदास करमचन्द गांधी), máis coñecido popularmente por Mahatma Gandhi (Mahatma, do sánscrito "grande alma") (2 de outubro de 1869 - Nova Delhi, 30 de xaneiro de 1948) foi un dos ideólogos e fundadores do moderno estado indio e un influente defensor do Satyagraha (principio da non agresión, forma non violenta de protesta) como un medio de revolución.
Gandhi axudou a liberar a India do goberno
británico, inspirando a outros pobos coloniais a traballar polas súas propias independencias e en última análise para o desmantelamento do Imperio Británico e a súa substitución pola Comunidade Británica (Commonwealth). O principio do satyagraha, frecuentemente traducido como "o camiño da verdade" ou "a busca da verdade", tamén inspirou xeracións de activistas democráticos e antirracistas, incluíndo Martin Luther King e Nelson Mandela. Frecuentemente Gandhi afirmaba a simplicidade dos seus valores, derivados da crenza tradicional hindú: verdade (satya) e non violencia (ahimsa).