miércoles, 19 de enero de 2011

TRES MOMENTOS

1.Regaloume unha rosa,
pero tamén as espiñas.

2.Foise a luz.
El entrou,
e agora sei que só son un número máis.

3.Caían bágoas de crocodilo sobre a súa tumba.

Cristina García Bande, Premios Concurso Microrrelatos sobre a Violencia de Xénero

VIOLENTO


Entrou no segundo piso, mirou ao seu redor, só estaba ela. Acercouse, bicouna, despediuse e matouna. Con gran rapidez tirou con todo e liscou correndo pola porta ensanguentada
Naiara Vázquez Neira, Premios Concurso Microrrelatos sobre a Violencia de Xénero

MIÑA NAI


Sentado diante da lápida de miña nai recordo que un día como hoxe, hai seis anos, un home, que se fai chamar meu pai, asasinouna por non saber onde estaban as chaves.
Recordo os choros de miña nai, os berros cando meu pai petaba nela, e a dor era insoportable.
Lembro que cada vez que oía a miña nai berrar, metíame na miña habitación, sentaba nun recuncho, apertaba ben forte o meu peluche e pechaba os ollos, desexando con todas as miñas forzas que ao abrilos todo fose un pesadelo, pero o único que atopaba era unha muller desfeita.
Laura López Roca, Premios Concurso Microrrelatos sobre a Violencia de Xénero

ODIO DISFRAZADO DE AMOR


Eu tiña dezasete anos, el era perfecto; pero, de pronto, todo comezou a cambiar. Aquilo era un inferno do que necesitaba saír.
Todo comezou con un mal xesto, logo chegaron os insultos e despois nin sequera podo recordar o que pasou. Eu estaba tirada no chan, xa non podía sentir dolor, porque nin sequera sentía o meu corpo. Quixen ver a saída, pero foi demasiado tarde. E todo polo amor que eu sentía e o odio que me daba.
Lucía Corral López, Premio Concurso Microrrelatos sobre a Violencia de Xénero

martes, 18 de enero de 2011

ALGÚNS


Algúns choraban a súa morte porque sabían que nunca máis a terían consigo, outros tiñan o rostro impertérrito carente de todo sentimento e algúns lamentábanse por non ter actuado a tempo. Pola contra, un neno ao lonxe ría, alleo a todo, sen ter coñecemento de que perdera unha nai para sempre por culpa dun home que pasaría a súa vida entre rexas; a quen quizais nunca máis volvería chamarlle pai.
Eva Vázquez Torreiro, Premios Concurso Microrrelatos sobre a Violencia de Xénero

DIARIO DA MIÑA MORTE

12:30 Estou soa na casa, el aínda non chegou. Seguramente estará a beber cos seus amigos. Teño medo de en que estado poida chegar á casa, porque bébedo ponse moi violento.
2:30 Acaba de chegar borracho, está moi violento. Teño medo.
2:45 Estou encerrada no lavabo, el golpea duramente a porta. Estou chamando a policía.
3:00 A policía non chega, e el estame a golpear fortemente.
3:55 A policía acaba de chegar e viu o meu corpo morto no lavabo. Estou acoitelada e violada. Estarei mellor morta, porque vivía nun constante maltrato. Non me separei del porque no fondo queríao.
O amor fai que o maltrato físico e psicolóxico non sexa visto como un problema para algunhas mulleres.
Rubén Sánchez Oro, Premio Concurso Microrrelatos sobre a Violencia de Xénero

sábado, 15 de enero de 2011

CONTOS DE SAMAÍN

A CASA ENCANTADA... UNHA HISTORIA DE MEDO

Quérovos contar como unha maldita bruxa fixo un meigallo e cambiou a dùas rapazas de corpo , unha delas ,  moi boa , mentras que a outra era moi mala e burlona.
Elas sentíanse moi incómodas co novo corpo. Rosalda , así se chamaba a boa , estaba contenta de ser guapa e famosa , pero Barbie estaba tola e desilusionada por ser fea e ter bo corazón .
Ao día seguinte chegoulles unha mensaxe dicíndolles que se querían volver a ter o seu corpo , tiñan que manterse unidas para ir a unha casa ENCANTADA.

  Ao día seguinte, chegoulles diante das súas casas un taxi voador conducido por un esqueleto cun coitelo no mesmísimo peito. Tiñan moito medo , e entón permaneceron xuntas .
O taxi era conducido por aquel asqueroso esqueleto que o único que facía era asustar as rapazas. Deixounas xunto a unha casa terrorífica ; rodeada dun pantano cheo de crocodilos e dun bosque con animais salvaxes .
Os espíritos estaban a esperalas porque tan pronto entraron , un fume cegador non as deixaba ver , oían voces procedentes de ningures , mortos resucitados ,desexando segundo contan ,
saír daquela casa no samaín para apoderarse de todos os viventes.
Elas corrían para todas partes en busca da saída , pero mortos , sombras , medos … , non as deixaban saír . Tiñan que saír vivas fose o que fose !!
Ela, a pesar do medo que tiñan, atacaron a todos aqueles seres, só lles quedaba buscar a porta que as volvería  deixar como antes .
 O can de Rosalda , chamado Mathyu , colleu a chave desa gran nave de medos . Abriulles e as rapazas saíron sen problemas . Isto tería que quedar  como algo segredo entre os tres para que se realizase a outra parte do feitizo (devolverlle o corpo correspondente a cada unha ) .
Non se  sabe moi ben como os espíritos lle devolveron o corpo correcto a cada unha , só se saberá para  o próximo día de samaín , onde toda a felicidade se transforma en terror e os segredos en contosssss….


 A SANTA COMPAÑA

Unha noite de lúa chea volvía cara a miña casa soa , xa que a miña nai e a miña irmá quedaran na casa, pois ao día seguinte tiñan que ir á cidade.
 Eu vivía nun lugar moi afastado da aldea , polo que tiña que atravesar moitos sendeiros baleiros , sen xente nin casas.
 Esa noite eu oíra un ruído moi estraño  e, aínda que tiña moito medo, xa que a mestra dicía que hoxe saía a Santa Compaña , decidín botar unha ollada.
Canto máis me aproximaba ao ruído , máis medo tiña , porque cada vez era máis forte e ademais parecíame ver as sombras.
Para complicar máis as cousas, comezou a caer unha gran treboada. A auga batía nas follas e facía que a miña cabeza pensase que eran as cadeas do destinado.
 Eu non quería moverme, xa que tiña entendido que se vían a outra persoa pasábanlle a ela o caldeiro ,  e eu non quería que iso sucedera.
 Cando deixou de chover marchei para a casa morta de medo.
 Pasaron moitos meses , nos que non saía da casa , e os médicos non atopaban o motivo. Pero a verdadeira causa era que estaba atemorizada por ver o que aínda non sei nin hoxe o que foi.
Alba Casal
2º ESO