sábado, 19 de febrero de 2011

RELATO GAÑADOR DO CONCURSO REBULDAR

OS NOVOS CARA O PASADO





Era outra vez primavera, florecen as novas margaridas, a nova maceira dá as súas mazás dunha cor carmesí; aqueles ovos do niño do ano pasado xa pían pola mañá.

A min sempre me gustou a primavera, mais todo isto só o sei polo que din os libros. Para min a primavera é poder saír á rúa, co meu monopatín. O sol non o podo ver, porque os edificios da cidade tapan aqueles fermosos raios. As árbores froiteiras, só as hai no parque, e non máis que dúas ou tres. Mais para min non é divertido vivir na cidade. A miña é A Coruña, é moi fermosa, pero moi aburrida, sobre todo no inverno.

Despois de todo isto, voume presentar:

Eu son Xesús, un rapaz de sete anos, despois de nacer. Son moi atrevido e curioso, gústame a comida de miña nai e os doces da avoa.

Onte recibín unha marabillosa noticia para min, dentro de dous días irei á casa dos meus avós! Nunca fun alí, mais quería ir, e iso vaise cumprir.

Chegado o día, chegamos á casa dos avós. É unha vivenda moi fermosa con grandes xardíns. Sitúase nunha vella aldea de Pontevedra.

Meus avós recibíronme con moita alegría. A avoa encheume de bicos, de seguido fun lavar a cara.

Preparounos un xantar moi completiño e caseiro: empanada, liscos, cacheira, lacón con grelos, caldo, queixo fresco, marmelo caseiro... ata un pouco de polbo!

Ao rematar fun xogar aos videoxogos coa máquina. Ao verme a avoa, preguntoume que era aquilo. Eu, con toda normalidade, respondinlle:

- É unha maquiniña de videoxogos.

E ela empezoume “co conto”.

Eu, de pequena, daquela non había bonecas, nin vestidiños para elas, nin “comidiñas”, nin nada do que hai agora. Eu facía con mazarocas de millo, facía como unha bonequiña; e cun vello trapo facíalle un pequeno vestidiño. Despois cosíalle un botonciño no medio, quedábame unha fermosa boneca. Con aquilo pasaba eu o tempo.

O teu avó xogaba ao trompo, feito por seu pai. Polas tardes, á beira da noitiña, xogaba ás pillas cos seus compañeiros. Tamén pasaba o tempo coas canicas, de distintas cores. Acostumaba acocharse e xogar ás esconditas. Daquela pasabámolo moi ben con pouca cousa.

- Avoa, gustaríame xogar coma vós, seguro que o pasaba mellor ca con esta maquiniña.



Tamara Rodríguez Vila

S1B

No hay comentarios:

Publicar un comentario