miércoles, 3 de junio de 2009

As nosas "cousas"

É inxusto!
Onte encontreime con el. Estaba no mesmo sitio de sempre. Fun onda el e escupinlle na cara. Dábame noxo despois do que me fixo. Coñecino polos seus ollos de odio; desgraciome a vida. Non lle contei a ninguén; dáme vergoña. Con só quince anos ter esa experiencia é moi forte. Esa violación matoume por dentro. EVA 1º C.

As nosas "cousas" 1ºC

Ela chamábase María e el Manuel. Ela era unha rapaza boa, fermosa, bondadosa..... pero el era un home alcohólico, cruel, infame.... e un maltratador!!! Non deixaba saír a María da casa. Cada noite chegaba borracho, pegáballe e abusaba dela. María non se atrevía a denuncialo. Talvez fose medo; medo a que lle batera máis. Pero chegou o día, o día no que se encheu de valentía e denunciouno.
Agora el está no cárcere e ela é unha muller nova, feliz, máis forte e que non ten medo. Iso si, ten feridas que nuncan curarán. ESTEBAN 1º C